Alicia
Álvarez, unha das últimas incorporacións ao corpo técnico do Club Baloncesto
Seis do Nadal - Coia nesta nova tempada 2007/08, colaborará coa nosa entidade
adestrando nas Escolas Deportivas Municipais e dirixindo ao novidoso grupo federado Benxamín
Masculino "B" creado nesta tempada.
Alicia adestrará xunto a Diego Montenegro ao Benxamín Masculino "B", equipo federado composto por xogadores de primeiro ano de categoría benxamín que xogarán o seu primeiro ano como deportistas federados. Este equipo, creado polo gran número de xogadores benxamíns e pola necesidade de creación de dous grupos de traballo adaptado ás necesidades dos rapaces, terá como principal obxectivo a adaptación ao Deporte Federado despois de pertencer a maioría dos xogadores ás Escolas Deportivas.
Do mesmo xeito, Alicia tamén desenvolverá funcións de monitora nas Escolas Deportivas dirixidas e coordinadas polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia. Máis concretamente adestrará ás Escolas Deportivas do CEIP Seis do Nadal os martes e xoves de 16:00 a 17:00 horas.
Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia dámoslle a benvida a Alicia agardando que a colaboración desta tempada se alongue no tempo e axude ás partes implicadas a alcanzar os seus obxectivos
