miércoles, 1 de octubre de 2008

DIEGO MONTENEGRO NOVO ADESTRADOR E MONITOR DO CLUB

Diego Montenegro, xogador da canteira do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia na súa etapa de formacion colaborará nesta nova tempada 2007/08 coa entidade adestrando nas Escolas Deportivas Municipais coordinadoas pola entidade e dirixindo ao grupo federado Benxamín Masculino "B".

Diego adestrará xunto a Alicia Álvarez ao Benxamín Masculino "B", equipo federado formado por xogadores de primeiro ano de categoría benxamín que xogará o seu primeiro ano como deportistas federados. Este equipo, creado pola gran afluencia e acollida da actividade de baloncesto polos rapaces da categoría, terá como principal obxectivo a adaptación ao Deporte Federado despois de pertencer a maioría dos xogadores ás Escolas Deportivas.

 

Do mesmo xeito, Diego tamén colaborará nas Escolas Deportivas dirixidas e coordinadas polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia realizando labores de monitor nas Escolas Deportivas do CEIP Seis do Nadal os martes e xoves de 16:00 a 17:00 horas.

 

Esta nova incorporación fai realidade o obxectivo da entidade de vincular a antigos membros á gran familia que conforma o club, neste caso desempeñando funcións de adestrador. Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia dámoslle a benvida a Diego esperando que a experiencia que vai a comezar sexa aproveitable e satisfactoria.