miércoles, 22 de octubre de 2008

NOVA CONCENTRACIÓN DAS PRESELECCIÓNS GALEGAS ALEVÍNS

As Preseleccións Galegas Alevíns Masculina e Feminina reuniranse este domingo, día 26 de outubro, nas instalacións deportivas do Colexio Compañía de María, en Santiago de Compostela, para realizar unha nova xornada de adestramento entre as 10:45 h. e as 18:30 h.

 

Para esta nova concentración foron convocados do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, en categoría masculina Borja Astray, xogador do Alevín Masculino "A", adestrado por Sergio González; e en categoría feminina María Pérez e Ana Isabel Fernández, xogadoras do Alevín Feminino "A", adestradas por Aalí Mohamed.

No corpo técnico destas Seleccións Alevíns tamén hai representación do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia. Sergio González, Director Deportivo e adestrador do club, é un dos integrantes do corpo técnico da Selección Galega de Minibásquet Masculina.

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia queremos desexarlle moita sorte a Borja Astray, María Pérez e Ana Isabel Fernández e darlle a noraboa por este nova oportunidade da que van a disfrutar o próximo domingo e que de seguro aproveitarán para seguir aprendendo e mellorando.