
Os adestradores galegos terán desde o próximo luns 27 de outubro o Club do Adestrador Galego, unha nova ferramenta de aprendizaxe coa creación dunha iniciativa pioneira na autonomías que arranca desde Santiago de Compostela coa colaboración da Federación Española e que pretende contribuír á formación dos técnicos.
Fai catro anos, en Íscar, arrancou o Club do Adestrador, unha iniciativa impulsada polo Presidente da Federación Española de Baloncesto, José Luis Saez, que buscaba a formación permanente do adestrado desde un ámbito nacional.
Desde o luns 27 de outubro Galicia terá o seu Club de Adestradores. O Presidente da Federación Galega de Baloncesto define perfectamente a filosofía que persigue a creación do Club do Adestrador Galego ao afirmar que "ser adestrador é un estado de permanente aprendizaxe".
Baixo esta inquietude continua impulsada reiteradamente pola Área Deportiva da FEB que dirixe Ángel Palmi se crea un espacio de debate, de investigación, de búsqueda e localización de tendencias co fin de enriquecer os coñecementos dos formadores.
Arranca en Galicia, pero como o propio Presidente da Federación Galega afirma "é fundamental que se expanda polas diferentes autonomías porque iso provocará un continuo fluxo de opinións e unha comunicación que axudará á progresión dos nosos adestradores".
Un Club do Adestrador que, como lembra Francisco Martín, "mira cara adiante aproveitando as novidades tecnolóxicas e as súas posibilidades para a formación pero que lembra permanentemente a aqueles adestradores pioneiros que contribuíron nos inicios para que o baloncesto sea hoxe o que é".
Neste sentido, Diego Ocampo, coordinador de actividades do Club do Adestrador Galego, insiste na importancia de fomentar o "debate como ferramenta de aprendizaxe e axudar a establecer formatos para que os novos adestradores atopen o seu espacio para mellorar a súa formación".
