lunes, 20 de octubre de 2008

CALENDARIOS DA LIGA D.V.B. 08/09 CATEGORÍA SÉNIOR MASCULINA

Despois da reunión realizada o pasado venres 3 de outubro, xa están dispoñibles os calendarios dasLigas D.V.B. da Delegación Viguesa de Baloncesto de categoría Sénior Masculina.

O equipo Sénior Masculino do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado por Francisco García, xogará no Grupo "A" da División "B" da Liga D.V.B. Sénior Masculina.

O noso conxunto compartirá grupo xunto a C.B.O., C.B. Ría de Vigo, Electroships Galicia, San José de la Guía "B", Canteiras e Bugy Bugy. Podedes consultar o calendario de encontros desta competición pulsando aquí.

Esta competición comezará o próximo fin de semana do 25 e 26 de outubro, pero o equipo do C.B. Seis do Nadal - Coia deberá agardar ata o 1 e 2 de novembro para debutar nesta competición posto que a primeira xornada non xogarán por tocarlle xornada de descanso .