

Despois da reunión realizada o pasado xoves 16 de outubro, xa están dispoñibles os calendarios das Ligas D.V.B. da Delegación Viguesa de Baloncesto de categoría Alevín Masculina e Alevín Feminina.
O equipo Alevín Masculino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado por Sergio González e Javier Carpintero, xogará no Grupo "B" da Fase Previa da Liga D.V.B. Alevín Masculina.
O noso conxunto compartirá grupo xunto a Canteiras "B", Maristas "A", Salesianos, C.B. Baiona Anfaco, C. Mariano e Apóstol. Podedes consultar o calendario de encontros desta competición pulsando aquí.
O grupo Alevín Masculino "B", adestrado por Carlos Rodríguez e David Rodríguez, está encadrado no Grupo "A" da Fase Previa da Liga D.V.B. Alevín Masculina.
Neste grupo o noso equipo compartirá calendario xunto a C.B. Airexa Nigrán, Canteiras "A", Maristas "B", Niño Jesús de Praga, C.B. Tui Seta e Compañía de María. Xa podedes consultar o calendario deste grupo pulsando aquí.
En categoría feminina, o Alevín Feminino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, dirixido por Aalí Mohamed e Caterina Lago, xogará no Grupo "B" da Fase Previa da Liga D.V.B. Alevín Feminina.
O noso equipo competirá neste grupo fronte a Compañía de María, Embrujo Céltico-Caixanova, Canteiras "B", Baiona - Anfaco e Salesianos. Pódese consultar o calendario desta fase previa pulsando aquí.
O equipo Alevín Feminino "B", adestrado por Marcos López e Bea Vaquero, competirá no Grupo "A" da Fase Previa da Liga D.V.B. Alevín Feminina.
Este equipo xogará no Grupo "A" xunto a C. Los Sauces, R.C. Celta Caixanova, Canteiras "A", C. Mariano e C.B. Airexa Nigrán. Podedes consultar o calendario pulsando aquí.
Estos equipos comezarán esta primeira fase da competición o próximo fin de semana do 8 e 9 de novembro.
