

Despois da reunión realizada o pasado xoves 23 de outubro nos locais da Delegación Viguesa de Baloncesto, xa están dispoñibles os calendarios das Ligas D.V.B. de categoría Benxamín Mixta.
O equipo Benxamín Masculino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado por Idelfonso García e David Rodríguez, xogará no Grupo "A" da Fase Previa da Liga D.V.B. Benxamín Mixta.
O noso equipo xogará xunto a Amor de Dios, Compañía de María Masc., Baiona Anfaco, A.G. Castro San Miguel, Maristas "A", Colegio García Barbón, Canteiras Masculino. Podedes consultar o calendario de encontros deste grupo pulsando aquí.
O Benxamín Masculino "B", dirixido por Alicia Álvarez e Diego Montenegro, está encadrado no Grupo "B" da Fase Previa da Liga D.V.B. Benxamín Mixta.
Neste grupo o noso equipo compartirá calendario con Salesianos Feminino, Carmelitas, Apóstol Mixto, C.B. Caselas / E.D.M. Salceda, Compañía de María Fem., Colexio Mariano Mixto e San José de Praga. Xa podedes consultar o calendario deste grupo pulsando aquí.
O grupo Benxamín Feminino do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, dirixido por Jorge Martínez e Sandra Solano, estará encadrado no Grupo "C" da Fase Previa da Liga D.V.B. Benxamín Mixta.
Este equipo xogará no Grupo "C" xunto a Maristas "B", Canteiras Feminino, Colexio Mariano Masc., Salesianos Masculino, C.B. Tui Seta, Apóstol Feminino e C.B. Airexa Nigrán Fem. Pódese consultar o calendario de xogos deste equipo pulsando aquí.
Estos equipos comezarán esta primeira fase da competición, ao igual que os equipos de categoría alevín, o próximo fin de semana do 8 e 9 de novembro.
