viernes, 19 de septiembre de 2008

TORNEO DE APERTURA ZONAL JÚNIOR MASCULINO 2008/09

O pasado martes 16 de setembro tivo lugar nos locais da Delegación Viguesa de Baloncesto a reunión de categoría Júnior Masculina. Nesta reunión tratouse o modelo de competición a seguir no Torneo de Apertura, que permitirá o pase aos Cruces de Clasificación de Liga F.G.B.

Este Torneo de Apertura de categoría Júnior Masculina contará coa participación de 10 equipos encadrados nun grupo único no que se xogará unha soa volta.

 

Os equipos participantes nesta competición son: Vigo A.M. "B", Vigo A.M. "A", Seis do Nadal "A", Seis do Nadal "B", C.B. Tui, Basket Cañiza, C.B. Baiona, Canteiras "B", Salesianos e Apóstol Santiago.

 

A primeira xornada desta competición disputarase o domingo 27 de setembro do 2008 e os primeiros encontros serán:

 

Vigo A.M. "B" - Seis do Nadal "A"

Vigo A.M. "A" - Seis do Nadal "B"

C.B. Tui - Basket Cañiza

C.B. Baiona - Canteiras "B"

Salesianso - Apóstol Santiago

 

O calendario completo desta competición será publicado proximamente nesta páxina web.