(Máis fotos do Torneo 3x3 pulsando aquí)
O pasado sábado 20 de setembro do 2008 o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizou nas pistas do Colexio Seis do Nadal a Segunda Edición do Torneo 3x3 Aguas de Mondariz Seis do Nadal - Coia marcando o punto de saída desta nova tempada 2008/09.
Un total de 40 equipos participaron neste II Torneo 3x3 Aguas de Mondariz xuntando ao longo de toda a xornada a máis de 200 participantes desde categoría benxamín ata categoría sénior.
Durante a mañá celebrouse o torneo das categorías minibásquet, e infantil e cadete. Os equipos Kings of Basketball e Basket Go chegaron á final de minibásquet na cal o grupo Basket Go formado por Carmen Dapena, María Pérez, Paula Sabido, Ana Isabel Fernández e Victoria Caetana conseguiron a vitoria.
En categoría infantil e cadete os equipos Equipo KDT-1 e Cincuenta y tres foron os grupos clasificados para a final, na cal despois dun disputado encontro o equipo Cincuenta y tres, composto por Joaquín Rodríguez, Adrián Ramos, Álvaro Rodríguez, Pedro Alfaya e Francisco Reigosa, fíxose co trofeo.
Na xornada da tarde as pistas do CEIP Seis do Nadal presenciaron o Torneo 3x3 de categoría júnior e sénior. Desde ás 16:00 horas da tarde os equipos participantes nesta categoría disputaron encontros de forma continua ata que os equipos Aquí Mando Yo e Rompevirghost conseguiron a clasificación para a final do torneo.
Neste partido final despois dun igualado comezo o equipo Aquí Mando Yo, formado por Pablo García, Óscar Carbajo, David Ferreira e Marcos Blanco, logrou unha clara diferenza no marcador o que lles concedía o título de campións do torneo.
Ademais dos equipos inscritos e dos deportistas participantes nesta Segunda Edición do Torneo 3x3 Aguas de Mondariz, unha gran cantidade de amigos e familiarse non se perderon a excelente celebración deste torneo que marcaba o punto de saída desta tempada 2008/09. Máis de 200 espectadores visitaron as pistas do torneo ao longo de toda a xornada e presenciaron os máis de 160 partidos que se xogaron durante o torneo.
Durante a xornada tamén visitou as nosas pistas Luis Míguez, Director Comercial de Aguas de Mondariz, en representación de Aguas de Mondariz. O Director Comercial de Mondariz puido presenciar un gran número de partidos ao mesmo tempo que valoraba e se asombraba pola excelente organización do evento. No acto de clausura da xornada da mañá, Luis Míguez fixo entrega dos trofeos e regalos aos equipos campións.
O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia desde tódolos seus estamentos quere agradecer a tódolos xogadores e xogadoras, amigos e amigas, familiares, directivos e membros do club que colaboraron na organización e desenvolvemento do torneo. Máis de 30 persoas apoiaron e axudaron no torneo en todo momento, un número que fai que o traballo e as actividades da entidade se vexan reforzados por cada vez maior apoio e colaboración.
Un gran evento organizado polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia que cumpliu co obxectivo de reunir a un gran número de xogadores e xogadoras de tódalas idades para disfrutar dunha gran xornada de baloncesto e diversión, antes do cercano comezo das competicións.
















