O
pasado martes 16 de setembro tivo lugar nos locais da Delegación Viguesa de
Baloncesto a reunión de categoría Júnior Feminina. Nesta
reunión tratouse o modelo de competición a seguir no Torneo de Apertura,
que permitirá o pase aos Cruces de Clasificación de Liga F.G.B.
Este Torneo de Apertura de categoría Júnior Feminina realizarase conxuntamente entre as Delegacións de Vigo e de Ourense. Un total de 9 equipos encadrados nun grupo único no que se xogará unha soa volta.
Os equipos participantes nesta competición son: Xinzo Ourense, Carmelitas Iluminaciones Meije, Maristas Ourense, Canteiras "A", Canteiras "B", C.B. Baiona, Seis do Nadal, Ándersen "B" e Apóstol Santiago.
A primeira xornada desta competición disputarase o domingo 27 de setembro do 2008 e os primeiros encontros serán:
Xinzo Ourense - Canteiras "A"
C.B. Baiona - Carmelitas Iluminaciones Meije
Andersen "B" - Seis do Nadal
Maristas Ourense - Apóstol Santiago
O calendario completo desta competición será publicado proximamente nesta páxina web.
