As Preseleccións Galegas Alevíns Masculina e Feminina celebrarán este domingo, día 21 de setembro, unha nova xornada de adestramento. A cita será nas instalacións deportivas do Colexio Compañía de María, en Santiago de Compostela entre as 10:45 h. e as 18:30 h.
Para esta nova concentración foron convocados do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, en categoría masculina Borja Astray, xogador do Alevín Masculino "A", adestrado por Sergio González; e en categoría feminina María Pérez e Ana Isabel Fernández, xogadoras do Alevín Feminino "A", adestradas por Aalí Mohamed.
No corpo técnico destas Seleccións Alevíns tamén hai representación do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia. Sergio González, Director Deportivo e adestrador do club, é un dos integrantes do corpo técnico da Selección Autonómica de Minibásquet Masculina.
Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia queremos desexarlle moita sorte a Borja Astray, María Pérez e Ana Isabel Fernández e darlle a noraboa por este nova oportunidade da que van a disfrutar o próxima domingo e que de seguro aproveitarán para seguir aprendendo e mellorando.





