A Selección Española Masculina venceu a Croacia (72-59) nun gran partido en defensa do combinado español. Os xogadores de Aíto García Reneses asaltaron ao seu rival desde a defensa, e grazas aos contraataques e a un gran xogo de equipo liderado por Pau Gasol conseguiron o seu pase ás semifinais do Torneo Olímpico de Pekín 2008.
A xeración de ouro do baloncesto español sabía que ás 08:30 horas españolas pasaba un tren no Pavillón Olímpico de Pekín con destino a unha cita coa historia, ao camiño que marcaron Epi, Romay e compañía. Un tren que o equipo español non dubidou en coller e desde o primeiro cuarto os xogadores de Aíto concentráronse para conseguir unha vitoria rápida e sinxela.
O trunfo foi á medida dun equipo que é netamente superior a Croacia, pese a tódalas dúbidas que abriu o seu rendemento nos partidos da primeira fase.
No primeiro cuarto o parcial foi de 11 puntos a favor e, a partir dese momento, os xogadores españois foron capaces de manter a vantaxe con profesionalidade. O segundo cuarto estivo empatada, coas clásicas lagoas de España pero cun nervio en defensa que non se virá en todo o que vai de campionato.
Os segundos vinte minutos planeaba a pantasma do partido que ambos conxuntos disputaron no Europeo do ano pasado, cando Croacia remontou o partido no último minuto. Pero esta vez a Selección Española sabían que non podían cometer o mesmo erro. Como un acordeón, o marcador foise movendo entre os 10 e os 20 puntos, dependendo de se apertaban ou non o acelerador. Ao final a diferenza quedouse en 13 puntos, 72-59, pero coa sensación de que os españois xogaron boa parte do partido co freo de man.
Xa subidos no expreso cara as medallas, agora soamente queda seguir o camiño aberto no día de hoxe no partido de cuartos: defender de forma moi intensa e apoiarse entre todos na tarefa ofensiva con solvencia e tranquilidade. España, pois, conseguiu o seu pase ás semifinais 24 anos despois dos JJ.OO. de Los Ángeles tras ofrecer sensacións moi positivas en aspectos fundamentais do xogo como a defensa ou a fluidez en ataque.
Os resultados dos demais partidos de cuartos de final foron:
RESULTADOS CUARTOS DE FINAL:
España 72 - Croacia 59
Lituania 94 - China 68
USA 116 - Australia 85
Arxentina 80 - Grecia 78
SEMIFINAIS BALONCESTO MASCULINO
(22 DE AGOSTO)
España - Lituania (14:00 hora española)
USA - Arxentina (16:15 hora española)

