Marcos
López continuará como adestrador do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia a próxima tempada 2008/09.
Este adestrador con Titulación Nacional incorporouse ao club a pasada campaña
2007/08 na cal tamén desempeñou labores de coordinación. Na tempada 2008/09
cumprirá o seu segundo ano adestrando ao Alevín Feminino "B".
A pasada tempada 2007/08 Marcos adestrou ao Alevín Feminino "A" equipo co cal realizou unha magnífica tempada a nivel de traballo e a nivel de resultados. O equipo proclamouse Campión do Trofeo Diputación de Pontevedra de categoría alevín feminina, o que lle garantizaba unha praza no Campionato Galego McDonald´s que se celebrou en Santiago, no cal o noso equipo acadou o título de Campioas Galegas de Minibásquet.
Para a próxima tempada 2008/09 Marcos López adestrará ao Alevín Feminino "B", equipo formado integramente por xogadoras nadas no ano 1998, e que terá como obxetivo acadar hábitos deportivos de adestramento e coñecer os conceptos básicos do deporte así como traballar dun xeito continuo a técnica individual do baloncesto.
