A Federación Galega de Baloncesto, en claro compromiso e colaboración coa Federación Española de Baloncesto, porá en marcha, nos vindeiros meses e xa de cara á nova tempada 2008/09, o Club do Adestrador Galego.
Esta plataforma de apoio e formación para tódolos adestradores e monitores galegos que posúan licencia na FGB, disporá dun soporte virtual que permita manter unha formación constante e un contacto continuo coa actualidade nesta materia.
Este proxecto, presentado esta pasada fin de semana en Ourense aos responsables da Escola Galega de Adestradores e a diversos técnicos colaboradores da Federación Galega polo Director Deportivo da FEB, Ángel Palmi, convertirá a Galicia nunha das primeiras Comunidades Autónomas na cal a Federación se implica nunha actividade destas características, ligada totalmente ao avance da tecnoloxía no campo da Formación.














