Idelfonso
García adestrará ao Benxamín Masculino do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia a próxima tempada
2008/09. Este adestrador, despois de formar parte do club como xogador na súa etapa de formación, comezou a adestrar aos seus primeiros grupos na tempada 2001/02, tempada na que se asentaron as bases do club para un traballo
duradeiro.
A pasada campaña 2007/08 Idelfonso adestrou ao Alevín Masculino "A", grupo co que conseguiu proclamarse Campión do Trofeo Diputación de Pontevedra de categoría alevín mixta e clasificarse para o Campionato Galego McDonald´s que se celebrou en Santiago.
Despois do gran traballo realizado a pasada tempada, a próxima campaña dirixirá ao Benxamín Masculino composto por rapaces nados nos anos 1999 e 2000. A maior parte do grupo estará formado por xogadores que se incorporan das Escolas Deportivas e que están iniciándose no deporte. O obxectivo deste grupo é conseguir coñecer e aprender os aspectos máis básicos do baloncesto cunha correcta combinación de traballo e diversión.

















