A FEB PUBLICA UN PORTAL WEB SOBRE AS NOVAS REGRAS

 

A Área de Árbitros da Federación Española de Baloncesto activou o pasado venres 22 de agosto un portal adicado aos cambios nas Regras Oficiais 2008, accesible a través da dirección http://reglas.clubdelarbitro.com.

 

O obxetivo deste novo portal é dar a coñecer as novas normas de baloncesto e as súas modificacións aproveitando tódalas vantaxes das novas tecnoloxías, a través dun portal web dirixido non soamente aos árbitros, senon a tódolos integrantes da familia do baloncesto.

 

A web incorpora vídeos de cada un dos cambios nas Regras Oficiais, con comentarios explicatorios da normativa a aplicar a partir desta tempada 2008/09. Ademais tamén habilitaron á disposición dos visitatnes un correo electrónico para dúbidas técnias: info@clubdelarbitro.com.