lunes, 1 de septiembre de 2008

O C.B. SEIS DO NADAL - COIA MELLOR CLUB DE VIGO E COMARCA

A Delegación Viguesa de Baloncesto publicou a Clasificación de Clubs D.V.B. por puntos da tempada 2007/08. Nesta clasificación de fin de tempada tense en conta (segundo o baremo de puntos en descenso unitario nas clasificacións zonais finais) os equipos participantes de cada club e, por suposto, os resultados deportivos.

Na pasada tempada 2007/08, o Mellor Club de Vigo e Comarca, é dicir, o primeiro clasificado na Clasificación de Clubs da D.V.B. foi o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia. Os tres primeiros clasificados foron:

1º- Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia

2º-Porriño Baloncesto Base

3º- Club Baloncesto Baiona

Deste xeito, o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia consegue por sétimo ano consecutivo este título outorgado pola Delegación Viguesa de Baloncesto. Desde a tempada 2001/02 este título foi concedido campaña tras campaña ao Seis do Nadal.

Este título volve a mostrar novamente o excelente e sólido traballo de formación que se desenvolve na nosa entidade con máis de 450 deportistas entre Deporte Federado e Escolas Deportivas.