
A Comisión Exectuva da Federación Internacional de Baloncesto (FIBA) tomou, na súa reunión do pasado 25 de abril do 2008, unha serie de importantes decisións que afectan ás Regras Oficiais do Baloncesto para a próxima tempada 2008/09.
A Federación Galega de Baloncesto publicou na súa páxina web un documento sobre estes cambios, que entran en vigor a partir do 1 de outubro do 2008, e diferentes explicacións aclaratorias sobre o motivo da realización dos mesmos. Podedes consultar este documento pulsando aquí.
