lunes, 11 de agosto de 2008

A SELECCIÓN ESPAÑOLA FEMININA VENCE CONTRA NOVA ZELANDA

A Selección Española Feminina venceu con claridade a Nova Zelanda (62-85) na segunda xornada dos Xogos Olímpicos de Beijin ´08, o que sitúa as españolas nunha boa posición para alcanzar os cuartos de final.

As xogadoras da Selección Española necesitaban unha vitoria de principio a fin para seguir crendo no seu soño das semifinais e o conseguiron ante a débil selección de Nova Zelanda, á que venceron por 23 punto de diferenza nun partido no que sempre estiveron por diante.

Despois da última derrota fronte a China, as españolas apretaron o acelerador desde o primeiro minuto, abrindo unha diferenza no marcador no primeiro cuarto de 11 puntos, que foi clave no transcurso do encontro. Unha vez conseguida a vantaxe inicial, a selección volveu a caer nalgúns dos erros do primeiro partido, con moita precipitación nos contraataques e algunhas pérdidas de balón innecesarias que propiciaron que o equipo rival baixase da fronteira psicolóxica dos dez puntos no segundo e no terceiro cuarto.

Nunca deu a sensación de que o equipo de Nova Zelanda puidera alcanzar as españolas no marcador, que incluso nos momentos máis baixos, no terceiro cuarto, mantivéronse grazas ás accións de grupo do equipo. Trece puntos abaixo, as neozelandesas saíron á desesperada no último cuarto, o que propiciou un novo acelerón das españolas, que cun gran porcentaxe de triples distanciáronse ata os 20 puntos de vantaxe, cifra da que xa non baixaron ata o final.

A próxima cita será contra a República Checa, este mércores ás 05:15 horas (TVE), un partido decisivo se España quere evitar no cruce de cuartos a Australia, a gran potencia do baloncesto feminino xunto a Estados Unidos.

Os resultados desta segunda xornada feminina foron:

GRUPO A:

Letonia 57 - Bielorrusia 79

Australia 61 - Brasil 49

Corea do Sur 72 - Rusia 77

GRUPO B:

República Checa 81 - Mali 47

Nova Zelanda 62 - España 85

China 63 - USA 108