A Selección Española Feminina case se asegurou a súa presenza nos cuartos de final do torneo feminino dos Xogos Olímpicos de Beijing ´08 ao conseguir unha importante vitoria sobre a República Checa (74-55) na terceira xornada.
Cunha vitoria contundente, traballada e merecida ante a República Checa, a Selección Feminina de baloncesto deu un paso decisivo para evitar a Australia, verdadeiro inimigo dos cruces de cuartos de final.
O encontro se decidiu á volta do descanso, cando as españolas se despegaron de forma definitiva no marcador. O equipo saíu á cancha agarrotado pola presión de ter que gañar despois da derrota contra China na primeira xornada. Por este motivo, as checas parecían moito máis dinámicas no xogo e comezaron abrindo un oco hasta poñerse con seis puntos de vantaxe (15-21).
No segundo cuarto, ambas seleccións estiveron pouco acertadas en ataque e contundentes en defensa. Aínda así, as nosas conseguiron recortar a vantaxe checa e poñerse por diante antes do descanso pola mínima, aínda que non puideron pasar dos 30 puntos.
Xa na segunda parte o combinado español foi superior no rebote e no acerto de cara a canastra. As españolas pisaron aínda máis o acelerador no trama final do encontro, ata alcanzar unha vantaxe de vinte puntos recompensa do bo traballo de equipo tanto ofensiva como defensivamente.
Ésta é a segunda vitoria española trala lograda contra o débil equipo de Nova Zelanda, un resultado positivo que dificilmente se poderá repetir ante o seu próximo rival, o "Dream Team" feminino, ao que se enfronta o venres (14:00 horas españolas).
Os resultados da terceira xornada feminina foron:
GRUPO A:
Bielorrusia 65 - Rusia 71
Brasil 78 - Letonia 79
Australia 90 - Corea do Sur 62
GRUPO B:
España 74 - República Checa 55
Nova Zelanda 63 - China 80
Malí 41 - USA 97

