Unha sensacional defensa da Selección Española Masculina nos últimos 15 minutos do partido permitíronlle remontar os 14 puntos de desvantaxe cos que entrou no último cuarto ante China na segunda xornada dos Xogos Olímpicos de Beijing ´08.
A Selección tivo a opción de vitoria nos últimos 6 segundos de partido e co empate a 72 no marcador, pero Ricky Rubio non acertou o tiro que evitaba a a prórroga (72-72). No tempo extra continuou a exhibición defensiva de España que cun parcial global de 14-38 impúsose por 75-85.
Uns Xogos Olímpicos permiten que unha vitoria brillante ante Grecia anteceda a un complicado partido ante China, gañando a base de defensa, esforzo e confianza en si mesmos. España tiña o partido perdido ante o equipo de Yao Ming que se mostraron especialmente acertados no tiro ata o inicio do último cuarto. O prestixio que España conseguiu nos últimos anos permite que os rivais dubiden das súas posibilidades aínda mandando no marcador.
Na prórroga do encontro España entrou cunha maior intensidade mentres que China continuaba coas dúbidas. Unha falta e canastra de Pau provocu a quinta de Yao Ming e cinco puntos arriba para os de Aíto García Reneses, que unido a que Ricky, o xogador máis novo da selección, seguía tocando en defensa tódolos pases do perímetro chino, fixo que os porcentaxes da selección china baixara espectacularmente.
O balance contra China segue sendo practicamente inmaculado (13 vitorias e 1 derrota, a do Mundial de Canadá 94) e foi víctima da Selección Española nos Xogos de Los Ángeles 84, Seúl 88, Sydney 2000, Atenas 2004 e, agora, Pekín 2008.
O próximo xoves ás 3:00 horas a Selección xogará contra Alemania, un rival complicado ante o que terán que recuperar o seu mellor nivel.
Os resultados da segunda xornada de baloncesto masculino foron:
GRUPO A:
Irán 67 - Lituania 99
Croacia 85 - Rusia 78
Arxentina 85 - Australia 68
GRUPO B:
Grecia 87 - Alemania 64
China 75 - España 85
Angola 76 - USA 97

