Hoxe, luns 11 de agosto do 2008, o alcade recibiu á Directiva do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia na alcaldía da Praza do Rei.
Os representantes do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia que asistiron a esta recepción foron Aalí Mohamed, Presidente de Honra do club; Mar Lago, Vicepresidenta do club; Francisca García, Secretaria do club; e Sergio González, Director e Coordinador Deportivo da entidade.
Nesta cita co alcalde de Vigo, Abel Caballero, a Directiva da sección de baloncesto do Seis do Nadal informoulle da actualidade do club e da situación das instalacións das que dispoñe a entidade para desenvolver a súa actividade con máis de 400 deportistas entre o deporte federado e as escolas deportivas.
Os membros do club tamén lle pediron ao alcalde a colaboración do Concello de Vigo no proxecto do Club de Baloncesto Seis do Nadal - Coia basado no deporte base e na importante formación integral de tódolos seus integrantes.


