jueves, 14 de agosto de 2008

ESPAÑA VENCE CONTRA ALEMANIA E PENSA XA NO DREAM TEAM

A Selección Española Masculina de baloncesto asegurouse a clasificación para os cuartos de final e unha das dúas primeiras posicións do Grupo B ao derrotar a Alemania por 59-72 na terceira xornada do torneo masculino dos Xogos Olímpicos de Beijing ´08.

Aíto e os xogadores españois temían sobre todo o madrugón ante Alemania. Aínda que o equipo se levantou ás 05.30 da mañá para intentar chegar ao partido (09:00 h. - 03:00 h. en España) o máis esperto posible, custoulle moito adaptarse a unha hora tan inusual de partido. Afortunadamente, para os alemáns resultou igual de complicado o axuste horario e non puideron sacar vantaxe de que España soamente anotara unha canastra en xogo durante os primeiros 5 minutos.

Foi no terceiro cuarto, cun parcial de 3-22 decisivo, no que España correu con fluidez, anotou con boas posicións en 6,25 e se mostrou como o gran equipo que é, con ganas de mandar os pensamentos de vitoria do equipo rival ao olvido.

Alemania puido inquietar no final do partido, pero nin podía contar co xogo dos seus xogadores nin tivo o convencemento da vitoria. A sete minutos do final, os alemáns se colocaban a nove (54-63), pero desde ahí ata o final meteron soamente cinco puntos máis. España rematou placidamente o encontro e recuperou novamente a súa mellor versión.

Esta vitoria asegura inminentemente a segunda praza do grupo aos españois, ao vencer ao seu outro rival directo, Grecia, no primeiro encontro do campionato. O sábado (16:15 horas española) España xogarase o liderato do grupo con Estados Unidos.

Os resultados da terceira xornada masculina foron:

GRUPO A:

Australia 106 - Irán 68

Lituania 86 - Rusia 79

Arxentina 77 - Croacia 53

GRUPO B:

Alemania 59 - España 72

Angola 68 - China 85

USA 92 - Grecia 69