sábado, 9 de agosto de 2008

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA APOIA AO C.B. SEIS DO NADAL - COIA

O pasado venres 8 de agosto do 2008 o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, representado por José Jesús Outeiral, Presidente do Club (á esquerda da imaxe); Mar Lago, Vicepresidenta do Club; e Sergio González, Director Deportivo da nosa entidade; foi recibido na Deputación de Pontevedra por Rafael Louzán, Presidente da Deputación, e José Enrique Sotelo, Deputado de Deportes para asinar o protocolo de colaboración entre ambos organismos.

Nesta cita o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia asinaba o convenio de colaboración que vinculará á Deputación de Pontevedra co noso club, o cal "realiza unha encomiable labor de base cos rapaces e rapazas", en verbas do presidente, "dando formación deportiva a máis de 400 nenos e nenas, dos que 250 son federados".

A este respecto, Louzán lembrou aos asistentes ao acto que "a Deputación inviste 14 millóns de euros en deporte base, co que pode dicirse que non hai institución non xa na nosa provincia senón na nosa comunidade que destine tanto diñeiro ó apoio do deporte de base e de élite, algo - concluíu- do que nos sentimos moi satisfeitos e orgullosos".