sábado, 9 de agosto de 2008

A SELECCIÓN FEMININA NON PUIDO CON CHINA NO DEBUT OLÍMPICO

A Selección Española Feminina de baloncesto non puido superar a China no seu primeiro partido do torneo feminino de baloncesto dos Xogos Olímpicos de Beijing. A Selección Española estivo obrigada a remontar desde o inicio do partido e chegando con lixeiras opcións de vitoria ao final do partido, non puido adiantarse (64-67). A superioridade reboteadora das anfitrionas resultou decisiva no triunfo final das chinas.

España, que afronta a súa terceira cita olímpica, coa ilusión de alcanzar as semifinais por primeira vez na historia, tivo un debut aciago nun partido que comezou mal, tratouse de enderezar o rumbo en varias ocasións, pero non o encontraron en ningún momento e o combinado español terminou pagando pola súa irregularidade na pista.

A xogadora do equipo galego R.C. Celta de Vigo, Alba Torrens, anotando 20 puntos, foi unha das poucas xogadoras que mantivo o tipo no equipo nacional durante tódolos seus minutos de xogo, equipo que botou en falta o traballo dalgunhas das súas principais xogadoras.

A derrota non pode ser un mazazo para as xogadoras de Evaristo Pérez, que no seu segundo partido do luns ás 3.00 horas española, non terá ningunha marxe de erro se queren manter as súas aspiracións de conseguir unha boa praza nos cuartos de final.

Os resultados desta primeira xornada foron:

GRUPO A:

Bielorrusia 64 - Australia 83

Brasil 62 - Corea do Sur 68

Rusia 62 - Letonia 57

GRUPO B:

España 64 - China 67

USA 97 - República Checa 57

Mali 72 - Nova Zelanda 76