Co comezo da nova tempada 2008/09, o Comité Vigués de Árbitros de Baloncesto
(CVAB), co apoio da Delegación Viguesa de Baloncesto, vai a realizar un Curso de Formación para Árbitros/as e outro
Curso de
Formación para Oficiais de Mesa.
Estes cursos comezarán o próximo luns 8 de setembro do 2008 ás 20:00 horas nos locais da Delegación Viguesa de Baloncesto (Rúa San Francisco 49, 2º izqda.).
A escaseza de árbitros e oficiais de mesa é algo que preocupa ao Comité Vigués de Árbitros e ao Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia xa que pode repercutir no correcto desenvolvemento das competicións federadas.
Por esta razón o noso club faise eco da iniciativa do Comité de Árbitros e anima a tódolos integrantes da entidade que estean interesados, desde xogadores/as, adestradores/as, monitores/as, pais, nais, familiares e colaboradores; a inscribrse nestes Cursos de Formación para Árbitros e Oficiais de Mesa enviando un correo electrónico ao e-mail do club baloncestoseisdonadalcoia@gmail.com.
A raíz destes Cursos de Formación organizados polo Comité Vigués de Árbitros o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia inaugurará unha Escola de Árbitros e Oficias de Mesa na nosa entidade para todos aqueles integrantes e membros do club, especialmente xogadores e xogadoras, que desexen adentrarse na área da arbitraxe, área tan importante e necesaria no deporte do baloncesto.
