Hoxe, xoves 21 de agosto do 2008, tivo lugar unha nova xornada da "Semana de Adestramentos Libres" organizada polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia no Colexio Eijo Garay desde o pasado luns 18 ata o próximo venres 22 de agosto, de 11:30 a 13:00 horas da mañá.
O traballo central do adestramento foi a tecnificación e perfeccionamento das paradas e arrancadas. O encargado de dirixir a sesión foi Carlos Martínez, adestrador nacional e Coordinador Deportivo do G.D.G. Basquetebol de Gafanha (Aveiro - Portugal), o cal fixo un espazo na súa axenda para visitar aos nosos participantes da "Semana de Adestramentos Libres".
Mañá, venres 22, terá lugar a quinta e última sesión desta "Semana de Adestramentos Libres" que se organizaou como unha nova iniciativa deportiva para tódolos xogadores e xogadoras do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia como complemento formativo de carácter técnico e tamén de perfeccionamento.










