martes, 5 de agosto de 2008

BEA VAQUERO NOVA MEMBRO DO CORPO TÉCNICO DO SEIS DO NADAL

Outra das novas incorporacións ao corpo técnico do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia para a próxima tempada 2008/09 será Bea Vaquero. Esta nova adestradora do club, en posesión do Título de Monitor, segue sendo xogadora de baloncesto desde as categorías inferiores, e na actualidade colabora tamén coas escolas do AMFIV de cadeira de rodas.

Para a próxima tempada Bea Vaquero desenvolverá funcións de adestradora axudante no Alevín Feminino "B", xunto a Marcos López, ademais tamén adestrará nas Escolas Deportivas dirixidas e coordinadas polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia dámoslle a benvida a esta nova adestradora e agardamos que a súa estancia no noso club poida enriquecer ás dúas partes, a Bea Vaquero na súa formación como adestradora e ao noso club por poder dispoñer dos seus servizos como adestradora e monitora.