Aalí
Mohamed adestrará nesta próxima tempada 2008/09 ao equipo Infantil
Feminino
"B" do club. Aalí é un dos adestradores
con máis historia do club, xa na tempada 1983/84 estaba dando as súas
primeiras indicacións nas nosas pistas, e esta tempada adestrará ademais do
Alevín Feminino "A" ao Infantil Feminino "B".
O equipo Infantil Feminino "B" estará formado por xogadoras nadas nos anos 1995 e 1996. O obxectivo deste grupo de traballo é a aprendizaxe e a adaptación de tódalas xogadoras á categoría e a novos fundamentos técnicos individuais e de grupo do deporte da canastra.
Este equipo contará con numerosas incorporacións das Escolas Deportivas polo que Aalí Mohamed deberá axudar e traballar coas xogadoras para realizar e levar a cabo dunha forma correcta a transición ao Deporte Federado do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.
