Sandra
Solano, xogadora do equipo Júnior Feminino do Club Baloncesto Seis do
Nadal - Coia, compaxinará as súas labores de xogadora coas funcións de
adestradora nesta nova tempada 2008/09. Nesta campaña ademais de adestrar
Escolas Deportivas será a adestradora axudante do Benxamín Feminino.
A pasada campaña 2007/08 Sandra desenvolveu as funcións de adestradora axudante nas Escolas Deportivas Municipais do Berbés xunto a Francisco García. Nesta nova tempada ademais da súa labor de monitora en Escolas Deportivas tamén desenvolverá funcións de adestradora axudante no Deporte Federado, máis concretamento, no Benxamín Feminino xunto a Jorge Martínez.
Un dos obxectivos da nosa entidade é incorporar ao corpo técnico a xogadores/as que desexen desenvolver funcións de adestrador/a ou monitor/a nas Escolas Deportivas ou no Deporte Federado. Estos xogadores/as que compaxinarán o seu papel de xogador/a co desenvolvemento de funcións de adestrador/a axudante chegará un momento en que poidan dar o salto a adestrador/a principal, como foi o caso da maioría dos adestradores/as que militan no Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia na actualidade.
Con esta nova incorporación, a Dirección Deportiva do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia continua facendo realidade o anterior obxectivo de incorporar a xogadores/as ás labores e funcións dos adestradores/as e monitores/as.
