Cunha espectacular cerimonia de clausura, na que confluíron as culturas de Oriente e Occidente, chegaron ao seu fin os 29º Xogos Olímpicos de Beijing ´08, onde Pekín demostrou estar á altura desta maxestuosa celebración do deporte mundial.
"Ao longo destes días, China aprendeu moito e o mundo aprendeu de China", asegurou o presidente do Comité Olímpico Internacional, Jacques Rogge, que no seu discurso calificou esta cita olímpica como uns "Xogos excepcionais".
Cunha conta atrás feita con fogos artificiais comezaba a cerimonia, na que preto de 7.000 artistas fixeron as delicias do público a golpe de tambor. Centos de miles de cascabeis nos traxes das bailarinas serviorn de banda sonora a esta emocionante despedida da familia olímpica.
Pouco a pouco e polas catro portas do estadio accederon os deportistas que aínda están en Pekín. Nun clima festivo, sen ningún protocolo e disfrutando da cerimonia, os centos de atletas que aínda non abandonaron a capital china accederon ao "Nido de Pájaro" para gozo das 91.000 persoas que estaban nas gradas.
Durante a cerimonia se procedeu ao traspaso da bandeira olímpica á próxima sede para 2012, Londres. O alcalde da capital británica recibiu das mans do presidente do COI o testigo, e na cerimonia, dirixida como xa ocurrera na inauguración polo cineasta Zhang Yimou, houbo tempo para unha pequena homenaxe á próxima sede olímpica coa aparación do clásico autobús vermello de dúas prantas.

