miércoles, 16 de julio de 2008

SERGIO GONZÁLEZ CONTINUARÁ COMO DIRECTOR DEPORTIVO DO CLUB

Sergio González continuará ao fronte da Dirección e Coordinación Deportiva do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia a próxima tempada 2008/09. Deste xeito, o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia continuará traballando na mesma liña de actividade e funcionamento que se plantexou no ano 2008 coa incorporación de Sergio á Coordinación da nosa entidade.

Ademais de asumir a Dirección e Coordinación Deportiva na pasada tempada 2007/08, Sergio era o adestrador principal do Alevín Masculino "B" e do Júnior Masculino "B", e desenvolvía funcións de adestrador axudante no Cadete Masculino "A".

Para a próxima campaña 2008/09, Sergio González será o adestrador principal do Alevín Masculino "A" e do Júnior Masculino "A", equipos formados na súa totalidade por xogadores que cumprirán o seu segundo ano na categoría ás ordes deste adestrador.

O obxectivo para a próxima tempada 2008/09 non é outro que ofrecer as mellores condicións de traballo posible aos nosos deportistas, monitores e adestradores, así como crear unha área sólida de funcionamento no ámbito deportivo.