miércoles, 16 de julio de 2008

O SEIS DO NADAL NAS SELECCIÓNS GALEGAS MINIS MASCULINA E FEMININA

   

 

 

 

Sergio González, Coordinador Deportivo e adestrador do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, formará parte do corpo técnico da Selección Galega Alevín Masculina que participará no Campionato de España de Minibásquet.

 

Despois de cinco anos como adestrador da Selección Viguesa de categoría alevín e infantil, Sergio desenvolverá as funcións de delegado na Selcción Galega de categoría Alevín Masculina na próxima tempada. A primeira cita deste novo cargo, será a próxima semana desde o 21 ata o 24 de xullo en Pontevedra, onde se realizará a primeira concentración desta selección.

 

Para esta primeira concentración está convocado Borja Astray, xogador na pasada campaña 2007/08 do Benxamín Masculino do noso club. Despois de que Borja realizara un excelente Campionato Galego coa Selección Viguesa o pasado 28 de xuño do 2008 en Vilagarcía conseguindo un máis que traballado Subcampionato Galego, terá a posibilidade de vivir e aproveitar esta concentración de verán coa Selección Galega.

 

En categoría feminina, están convocadas María Pérez e Ana Isabel Fernández, xogadoras ambas do Alevín Feminino "B" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia da xa remata tempada 2007/08. Estás xogadoras teñen esta nova oportunidade para vivir no mundo do baloncesto despois de conseguir o título de Campioas Galegas no Campionato de Seleccións Zonais celebrado en Vilagarcía.

 

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia queremos desexarlle moita sorte a Sergio González neste novo camino que vai a comezar coa Selección Galega, e a Borja Astray, María Pérez e Ana Isabel Fernández darlle a noraboa por este premio que vai a disfrutar a próxima semana e que de seguro aproveitará para seguir aprendendo e mellorando.