miércoles, 16 de julio de 2008

MARCOS LÓPEZ E CARLOS RODRÍGUEZ INCORPORACIÓNS Á COORDINACIÓN

 

Seguindo co plantexamento e a organización da próxima tempada 2008/09, a Dirección Deportiva do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia encabezada por Sergio González chegou a un acordo con Marcos López e Carlos Rodríguez para a súa incorporación ás funcións de Coordinación Deportiva e de colaboración para a campaña que ven.

Marcos López incorporouse ao corpo técnico do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia a pasada tempada na cal desempeñou o cargo de Coordinador das Escolas Deportivas e adestrou ao Alevín Feminino "A", equipo co cal conseguiu o título de campión no Campionato Galego de Minibásquet. Ademais de colaborar coa Dirección Deportiva, Marcos será o encargado da área das Escolas Deportivas do noso club.

 

Carlos Rodríguez, canterán do noso club desde fai máis de oito tempadas e cumplindo a súa terceira campaña como adestrador, será unha das novas incorporacións á Coordinación Deportiva para a próxima tempada 2008/09. As funcións de Carlos Rodríguez centraranse na área de Torneos e Eventos aínda que colaborará de forma continua coa Dirección Deportiva.

 

Deste xeito e con esta organización, o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia busca mellorar a súa estructura de traballo e intentará conseguir as mellores condicións de traballo a nivel deportivo en tódolos ámbitos. Sergio González, Director Deportivo da entidade na pasada tempada e para a próxima campaña, contará cun novo equipo de traballo e de coordinación coas incorporacións de Marcos López e Carlos Rodríguez.