jueves, 24 de julio de 2008

REMATA A CONCENTRACIÓN DAS PRESELECCIÓNS GALEGAS MINIS

Xa rematou a Concentración das Seleccións Galegas Alevíns Masculina e Feminina que tivo lugar na cidade de Pontevedra desde o luns 21 de xullo ata o pasado xoves 24 de xullo.

Nesta primeira concentración destas seleccións o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia tivo representación en ambas categorías, masculina e feminina. En categoría masculina, Sergio González, Director Deportivo do noso club, debutou nesta concentración como membro do corpo técnico da Selección Galega Alevín Masculina. Ademais, Borja Astray, xogador que cumprirá o seu primeiro ano en categoría alevín a próxima tempada, foi convocado coma un dos dezaseis xogadores preseleccionados para a Selección Galega.

En categoría feminina, as xogadoras da nosa entidade que foron convocadas a esta concentración en Pontevedra foron María Pérez e Ana Isabel Fernández que para a próxima tempada 2008/09 xogarán en alevíns de segundo ano.

Os xogadores e xogadoras participantes destas preseleccións disfrutaron nestas xorandas dunha grata convivencia cos seus compañeiros e compañeiras e dunha aprendizaxe e práctica do Baloncesto do máis satisfactorias. Así, os cativos e cativas, ademais de adestrar, tiveron a oportunidade de coñecer a cidade de Pontevedra e disfrutar doutras actividades de tempo libre.