Aalí
Mohamed adestrará a próxima tempada 2008/09 ao Alevín Feminino
"A" do club. Aalí é un dos adestradores
con máis historia do club, xa na tempada 1983/84 estaba dando as súas
primeiras indicacións nas nosas pistas, xunto un grupo de colaboradores que
lle axudaron a arrancar nos momentos inicias do que hoxe é o noso
club.
O Alevín Feminino "B" que adestrou a pasada tempada 2007/08 formado na súa totalidade por xogadoras de primeiro ano en categoría alevín, conseguiu facerse notar entre os mellores equipos da competición e entre os equipos de segundo ano. Resultado disto foi a sexta posición obtida no Trofeo Diputación de Pontevedra de categoría Alevín Feminina.
Na tempada 2008/09 dirixirá ao Alevín Feminino "A", equipo co cal continuará o traballo comezado a pasada tempada no primeiro ano en categoría alevín. Formación constante, dedicación e diversión serán os tres ingredentes que seguirá o equipo ao longo de toda a nova tempada.
