David
Fernández regresa ao Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia para adestar
ao Infantil Masculino "A" a próxima tempada 2008/09. Este adestrador, despois de
que a pasada campaña non adestrará no noso club,
reincorpórase a nosa entidade sendo un dos adestradores que máis
anos leva vinculado ao Seis do Nadal.
David adestrará ao Infantil Masculino "A", equipo formado na súa totalidade por xogadores nados no ano 1995 e que cumprirán o seu segundo ano en categoría infantil. Este equipo buscará o obxetivo de seguir formando a cada un dos xogadores que conforman o equipo e de conseguir, cun traballo continuo e comprometido, un alto nivel de xogo tanto a nivel individual como a nivel colectivo.
