Francisco
García continuará no Club Baloncesto Seis do Nadal -
Coia a próxima tempada 2008/09. Adestrará ao Júnior Feminino formado por xogadoras nadas nos anos 1991
e 1992, e ao Sénior Masculino composto
na súa gran maioría por antigos xogadores da canteira do club.
Francisco García cumprirá a súa oitava tempada desde a campaña 2001/02.
Na pasada tempada 2007/08 adestrou ao Júnior Feminino que competiu na Liga F.G.B. despois de conseguir a praza na Fase Previa, e ao Sénior Masculino, equipo co que conseguiu crear un gran grupo de traballo e de compromiso co Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.
Para a próxima tempada 2008/09 dirixirá ao Júnior Feminino, equipo cun claro obxetivo de traballo continuo e esixente para seguir mellorando e perfeccionando tódolos seus coñecementos e cualidades adquiridas no mundo da canastra, e ao Sénior Masculino, coa finalidade clara de darlle continuidade no ámbito deportivo aos xogadores que rematan a súa etapa júnior e a tódolos xogadores que despois de estar nos equipos base do club desexan seguir vinculados como xogadores ao noso club.
