Jorge Martínez continuará a próxima tempada
2008/09 na nosa entidade e dirixirá ao Benxamín
Feminino formado por xogadoras nadas nos anos 1999 e 2000, e ao
Infantil
Feminino composto por xogadoras nadas nos anos 1995 e 1996. Deste xeito, Jorge Martínez, cumprirá a súa decimosegunda campaña adestrando no noso club.
A pasada campaña 2007/08 Jorge adestrou ao Benxamín Feminino, equipo co cal conseguiu un gran ritmo de adestramento e de aprendizaxe, e ao Infantil Feminino "A", equipo que acadou unha traballada e meritoria 7ª posición na Liga F.G.B. de categoría Infantil Feminina.
A próxima tempada seguirá ao fronte da categoría benxamín feminina na que o obxetivo prioritario é que as xogadoras se formen practicando baloncesto ao mesmo tempo que aprenden e coñecen as habilidades e cualidades básicas deste deporte e da actividade física, e adestrará tamén ao Infantil Feminino que estará formado por xogadoras nadas nos anos 1995 e 1996 cunha gran marxe de mellora e cun gran potencial que se traballará durante todo a tempada.
