Todos os cativos e cativas menores de 16 anos que o desexen poderán presenciar, o próximo venres día 25 de xullo do 2008, o enfrontamento entre as Seleccións Absolutas de Arxentina e Lituania. Este encontro forma parte do Torneo de Baloncesto Deputación de Ourense, competición que se disputa entre os días 24 e 26 de xullo no Pavillón Paco Paz (Ourense).
A Federación Galega de Baloncesto, coa inestimable colaboración da Deputación de Ourense, invita a todos os cativos e cativas menores de 16 anos ao partido internacional entre as Seleccións Absolutas de Arxentina e Lituania que se celebrará na cidade de Ourense o vindeiro día 25 de xullo de 2008 ( 20:00 h).
Este encontro, encadrado dentro do Torneo de Baloncesto Deputación de Ourense que se celebra entre o 24 e o 26 de xullo e no que tamén participa a Selección Española, poderá ser presenciado, tamén de xeito gratuíto, por todos os rapaces e rapazas que participaron nas diferentes fases do Tribasket.
Solicitude de invitacións
As invitacións para os cativos repartiranse, ata fin de existencias, por escrupuloso orde de petición. Para a solicitude das mesmas, todos os interesados deberán chamar ao teléfono 981565700 (Federación Galega de Baloncesto) de 10: 30 a 13h. de luns a venres.
Unha vez solicitadas, as entradas recolleranse na Delegación Ourensán de Baloncesto (en horario de 17 a 19h., de luns a xoves) e o propio dia do encontro (de 16 a 17h).

