Adrián
Ramonde dirixirá e adestrará ao Cadete Masculino "C" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia
a próxima tempada 2008/09. A próxima tempada Adrián cumprirá o seu terceiro ano
como adestrador do corpo técnico da nosa entidade. Desde o seu
primeiro ano, Adrián xa conta con numerosas experiencias como
técnico que reforzan a súa formación.
O equipo Cadete Masculino "C" estará formado a próxima campaña por xogadores nados nos anos 1993 e 1994, deportistas que remataron a súa etapa infantil e deportistas que xa xogaron unha campaña en categoría cadete.
A idea coa que se crea novamente o Cadete Masculino "C" consiste en que a aprendizaxe e a transmisión de habilidades e fundamentos técnico-tácticos sexa acorde ao nivel dos rapaces integrantes do grupos coa finalidade de que se consiga unha evolución positiva e unha correcta formación deportiva.
