martes, 3 de junio de 2008

AS XOGADORAS DO SEIS DO NADAL NA SELECCIÓN ZONAL PREALEVÍN FEMININA

O próximo mércores día 4 de xuño ás 18:00 horas a Selección Zonal Prealevín Feminina realizará un novo adestramento no Pavillón Municipal de O Porriño.

As xogadoras do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia convocadas a este novo adestramento da Selección Zonal son Carmen Dapena, Ana Isabel Fernández, María Pérez e Paula Sabido do Alevín Feminino "B" (Seis do Nadal "B").

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia desexámoslle moita sorte a tódalas nosas xogadoras neste adestramento da Selección Viguesa de Minibásquet e invitámoslle a que aproveiten ao máximo esta experiencia deportiva que están vivindo. Ánimo a todas!