O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia participará os próximos días 14 e 15 de xuño no VI Convivio Mi e Ni organizado polo Académico FC no Pavillón do Académico FC en Porto.
Os equipos que representarán ao noso club neste torneo serán o Alevín Masculino "A", adestrado por Idelfonso García e Miguel Diéguez, e o Alevín Feminino "A", adestrado por Marcos López. Ambos equipos participaron na pasada fin de semana no Campionato Galego McDonald´s de Minibásquet en Santiago de Compostela e este torneo lles servirá para clausurar a tempada dunha forma deportiva e lúdica.
O torneo durará dous días e se realizará nun único recinto deportivo con dous pavillóns, de xeito que se facilite a conviviencia e o intercambio de experiencias entre tódolos participantes.
Este VI Convivio Mi e Ni acolle as categorías Minis Femininos, Minis 10 e Minis 12. O noso equipo masculino participará no torneo de categoría Mini 12 e xogarán contra o Académico FC, SC Vasco Gama e UD Oliveirense. Mentres que o Alevín Feminino "A" xogará no grupo Minis Femininos fronte ao Académico FC, SC Coimbrões, CP Natação, GD Gafanha e GRI Brandoense.
Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia desexámoslle que aproveiten este torneo para intercambiar tódalas experiencias posibles e para disfrutar dunha fin de semana rodeada de moito baloncesto.

