Durante a semana do 6 ao 13 de xullo do 2008 celebrarase nas instalacións da Universidade de Vigo o IV Campus Internacional de Baloncesto organizado polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia dirixido a rapaces e rapazas de entre 6 e 17 anos.
Este evento ofrecerá, por cuarto ano consecutivo, ademais dunha completa formación deportiva, que correrá a cargo de adestradores de contrastada experiencia, un amplo abano de oportunidades de ocio, cultura e deportes alternativos.
As instalacións da Universidade de Vigo ofrecerán múltiples ocasións de establecer contacto con outros deportes como o béisbol, natación, rugbi, voleibol, kin-ball, piragüismo, balonmán, etc.
Os adestramentos de baloncesto levaranse a cabo por adestradores do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia e por adestradores e xogadores/as convidados doutros clubes ou seleccións. Ademais todas as actividades alternativas serán desenvolvidas durante o campus por monitores ou empresas especializadas, co obxectivo de ofrecer o mellor producto de lecer.
Nesta cuarta edición os rapaces e rapazas inscritos poderán elixir novamente entre dúas opcións de matrícula. Poderán matricularse en réxime externo ou en réxime interno, réxime no cal pernoctarán na Residencia da Universidade de Vigo e poderán disfrutar das actividades nocturnas do campus.
Non perdas a oportunidade de pasar o verán connosco e lembrarlo como un dos mellores na nosa campaña. Non o dúbides e fai xa a túa inscripción do campus. Para formalizar dita inscripción é necesario entregar o boletín de inscripción, o resgardo do ingreso ou fotocopia e fotocopia da cartilla da seguridade social ademais do dni do neno/a antes do 1 de xullo do 2008 a través do fax 986.227.275 ou a través do correo electrónico baloncestoseisdonadalcoia@gmail.com.
Para consultar o tríptico do campus pulsar aquí e para descargar a folla de inscripción pinchar aquí.


