jueves, 29 de mayo de 2008

II PEQUE CAMPUS DE VERÁN 08 DO CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL - COIA

Dentro das actividades de verán que oferta o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia e despois do gran éxito da anterior edición, a entidade volve a organizar o II Peque Campus de Verán 08 de Iniciación ao Deporte.

Esta segunda edición do Peque Campus se celebrará entre os días 23 e 27 de xuño, ambos incusive, nas instalacións do CEIP Doutor Eijo Garay desde as 9:00 horas ata as 14:00 horas.

O Campus vai dirixido para rapaces e rapazas de 3 a 7 anos, nacidos entre os anos 2000 e 2005. As actividades serán impartidas por monitores de tempo libre, diplomados en Educación Física, técnicos en animación físico-deportiva e adestradores do Club Baloncesto Seis Nadal - Coia.

As actividades que poderán desenvolver os rapaces e rapazas inscritos no Peque Campus irán dirixidas a mellorar a coordinación psicomotriz, á iniciación a distintas modalidas deportivas (baloncesto, balonmán, voleibol, fútbol, atletismo, ...) e moitas outras.

 

Para inscribirse no II Peque Campus de Verán é preciso enviar a ficha de inscripción, resgardo de ingreso e fotocopia da cartilla da seguridade social ademais do DNI ou libro de familia do neno/a, antes do 19/06/2008, ao seguinte correo electrónico: baloncestoseisdonadalcoia@gmail.com ou ao número de fax: 986-227275. Para calqueira dúbida ou consulta chamar ao número de teléfono 627-516980 (Sergio González, Coordinador do Campus) ou baloncestoseisdonadalcoia@gmail.com.

 

Para descargar o folleto informativo do II Peque Campus de Verán 2008 pulsar aquí e para descargar a folla de inscrición pulsar aquí.