O pasado sábado 31 de maio do 2008 o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia clausurou a tempada 2007/08 das Escolas Deportivas cunha gran festa de baloncesto no Colexio Seis do Nadal.
Tódalas nosas escolas participaron neste gran espectáculo que o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia preparou para as súas pequenas estrelas. Os escolares do Colexio Seis do Nadal, Colexio Doutor Fléming, Colexio Celso Emilio Ferreiro, Colexio Chouzo, Colexio Rodríguez Castelao, E.D.M. Balaídos e E.D.M. Berbés non deixaron pasar a oportunidade de despedir o ano cunha gran concentración e con moito baloncesto.
Nesta terceira concentración das Escolas Deportivas, concentracións que naceron este ano como una nova iniciativa da Dirección Deportiva, ademias dos colexios e escolas do noso club tamén asistiron como invitados estrelas o Colexio Amor de Dios e o Colexio Salesianos.
Cun gran ambiente e con moita ganas de xogar a baloncesto, tódolos participantes puideron xogar partidos contra outros equipos das Escolas Deportivas nos que demostraron os seus avances e progresos conseguidos ao longo de todo o ano. Tamén tiveron a oportunidade de participar en diferentes concursos de tiro e habilidades onde desde os máis pequenos ata os máis maiores sorprenderon aos seus familiares e aos adestradores e monitores do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.
Como gran sorpresa desta terceira concentración das Escolas Deportivas o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia preparou unha exhibición do AMFIV Vital Vigo, o equipo de cadeiras de rodas da nosa cidade. Os nosos rapaces e rapazas puideron observar esta outra modalidade do baloncesto que a máis de un e a máis de unha deixou sorprendido. Entre aplausos e gritos o AMFIV xogou un partido de exhibición para tódolos asistentes ao Colexio Seis do Nadal.
Como fin de festa e como sorpresa final da Clausura das Escolas Deportivas o Presidente da Delegación Viguesa de Baloncesto e Vicepresidente da Federación Galega de Baloncesto, D. Alberto Zato, fixo entrega dos trofeos aos primeiros clasificados do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia nas competicións zonais desta tempada 2007/08.
O Júnior Masculino "A", adestrado por Miguel Ángel Simón, recolleu o trofeo ao 3º clasificado da Liga Zonal Júnior Masculino; o Cadete Masculino "B", adestrado por Quique Celeiro e Albert Tomas, recibiu o trofeo de Subcampión da Liga Zonal Cadete Masculina; o Benxamín Masculino, adestrado por Carlos Rodríguez e por David Rodríguez, recolleu o trofeo de Subcampión do Trofeo Diputación de Pontevedra de categoría benxamín; e o Alevín Masculino "A", adestrado por Idelfonso García e Miguel Diégez, e o Alevín Feminino "A", adestrado por Marcos López, recibiron o trofeo que os proclamaba Campións do Trofeo Diputación de Pontevedra de categoría Alevín Masculina e Feminina respectivamente.
Desta xeito o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia clausuraba a tempada 2007/08 das Escolas Deportivas. De seguro que tódolos participantes nesta terceira concentración de escolas non esquecerán a festa que viviron o pasado sábado 30 de maio do 2008 no Colexio Seis do Nadal.





















