martes, 1 de abril de 2008

O CADETE FEMININO DO C.B. SEIS DO NADAL SUBCAMPIÓN DA LIGA ZONAL DVB 2008

 

O equipo Cadete Feminino do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia proclamouse subcampión da Competición Zonal Cadete Feminina da Delegación Viguesa de Baloncesto nesta tempada 2007-08.

Despois de dous partidos de gran igualdade e competitividade fronte ao C.B. Ándersen o Seis do Nadal non puido manter a diferencia de puntos que conseguira no partido de ida. Desta forma o resultado do partido de ida foi 53-42 a favor do Seis do Nadal, mentres que no partido de volta as rapazas do C.B. Ándersen conseguiron superar a diferencia de puntos cun marcador final de 53-36.

Tanto o primeiro clasificado do Liga D.V.B. Cadete Feminina, o C.B. Ándersen, coma o segundo clasificado, as rapazas do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia xogarán a fase interzonal contra os equipos clasificados de Ourense.

Próximamente aparecerá nesta páxina web a xornada de partidos desta fin de semana co horario deste primeiro encontro da fase interzonal de categoría Cadete Feminina.