O Alevín Masculino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia chegou ata as semifinais do III Torneo de Minibásquet do Club Baloncesto Baiona que se celebrou esta fin de semana do 29 e 30 de marzo no Pavillón Municipal de Baiona.
Os líderes do grupo C da fase final do torneo foron o Seis do Nadal e o Capitol de Valladolid, entrando no grupo D o Breogán de Lugo e o Estudiantes de Madrid. Neste grupo C da fase final o equipo do Seis do Nadal enfrentouse ao Basket Porto de Portugal nun partido que venceron os nosos rapaces por 31 a 18. No mesmo grupo conseguiron unha traballada victoria contra un dos equipos máis atractivos do torneo como era o Grupo Capitol Valladolid.
Ás 16.00 horas iniciáronse as semifinais do torneo nas que o Seis do Nadal xogábase o pase á final contra o Estudiantes de Madrid e o Bregoán de Lugo contra o Capitol de Valladolid. No partido de semifinais os nosos rapaces caíron contra o Estudiantes de Madrid pola escasa diferencia de 31-26. Na outra semifinal gañou o Breogán de Lugo ao Capitol por tan só 2 puntos de diferenza.
Na gran final masculina os de Lugo fixéronse co III Torneo, nun partido emocionante que comezaron dominando os de Madrid, pero a medida que se achegabao o remate de partido o Breogán conseguía unha remontada espectacular, que terminaron o encontro, ata con vantaxe no marcador.
No caso das mozas as que se xogaron o pase á final foron o Celta-Caixanova e o Ponce de Valladolid, e que o fixeron as primeiras co Estudiantes de Madrid e as segundas có Club Baloncesto Baiona. O prezado trofeo levoullo o Maristas Celta nun partido moi igualado e coas xogadoras de ambolos dous equipos entregando as súas derradeiras forzas logo de dous intensos días de partidos. O marcador rexistrou un 26-22, a favor das de Vigo, ás que non llo puxeron nada doado as xogadoras de Valladolid.
No acto de clausura do III Torneo de Minibásquet o Club Baloncesto Baiona entregou ao Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, representado por Dna. Mar Lago Villar, Vicepresidenta da entidade, unha placa conmemorativa de agradecemento aos 25 Anos de Historia que cumpliu o noso club este ano e que foron 25 Anos de traballo e de dedicación cos máis pequenos e pequenas.




