miércoles, 2 de abril de 2008

NOVA CONCENTRACIÓN DAS ESCOLAS DEPORTIVAS DO C.B. SEIS DO NADAL - COIA

Despois da gran acollida e do gran éxito da primeira concentración das Escolas Deportivas do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia que tivo lugar no pasado mes de xaneiro, a nosa entidade volve a organizar unha nova concentración esta fin de semana. Esta 2ª Concentración das Escolas Deportivas celebrarase o próximo domingo 6 de abril do 2008 a partir das 16:00 horas no Colexio Seis do Nadal.

Esta nova iniciativa do club nesta tempada naceu como unha xornada de convivencia na que poder practicar baloncesto, complementaria á Liga Interna de Colexios, na que poden participar xogadores e xogadoras de todas as Escolas Deportivas da entidade, aínda que non participen cada venres na Liga Interna de Colexios.

Nesta nova concentración ademais dos xogadores e xogadoras das Escolas dirixidas polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia (Colexio Seis do Nadal, Colexio Doutor Fléming, Colexio Celso Emilio Ferreiro, Colexio Chouzo, Colexio Rodríguez Castelao, E.D.M. Balaídos e E.D.M. Berbés) tamén participarán nesta xornada os equipos do Colexio Amor de Dios.

O próximo domingo 6 de abril no Colexio Seis do Nadal a partir das 16:00 horas poderemos asistir a un novo encontro das Escolas Deportivas na que ademais de moito baloncesto, convivencia e diversión, haberá moitos regalos e moitas sorpresas para todos os participantes.