

O próximo venres 2 de maio do 2008 as Preseleccións Zonais Prealevíns realizarán un novo adestramento. A Preselección Zonal Prealevín Masculina, dirixida polo noso coordinador e adestrador Sergio González axudado polo noso adestradora Francisco García, adestrará no Pavillón Municipal de O Porriño ás 11:00 horas da mañá e a Preselección Zonal Prealevín Feminina tamén adestrará no Pavillón Municipal de O Porriño ás 11:00 horas.
Os deportistas do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia convocados a estas convocatorias da Preselección Zonal son Borja Astray do Benxamín Masculino (Ópticas A&B Seis do Nadal) e Adrián López, Mario Álvarez e Hugo López do Alevín Masculino "B" (Seis do Nadal "B"), en categoría masculina; e Carmen Dapena, Ana Isabel Fernández, María Pérez, Vera Rodríguez e Paula Sabido do Alevín Feminino "B" (Seis do Nadal "B"), en categoría feminina.
Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia desexámoslle moita sorte a tódolos nosos xogadores e xogadoras nestas convocatoria da Selección Viguesa de Minibásquet e invitámoslle a que aproveiten ao máximo esta nova experiencia deportiva.
